A espectacular xeoloxía galega como recurso turístico
Xoves 29 de abril 2021, 11:00 - 13:00
RELATOR: Joaquín Rubal Monedero
Joaquín Rubal Monedero falará da espectacular xeoloxía galega e as súas posibilidades como recurso turístico. Por toda Galicia atopamos sempre formas xeolóxicas e xeomorfolóxicas moi interesantes e particulares en praias, rías, cantís, dunas, fervenzas, cabos, serras, covas, ríos, vales, lagoas litorais, etc... Se algo define a Galicia a nivel turístico é a súa natureza e a súa paisaxe, na que se conservan pegadas visibles a día de hoxe da longa historia xeolóxica do planeta.