Turismo Ornitolóxico en Galicia. Fundamentos básicos para aplicar nunha visita

7 e 8 de marzo 2022

DOCENTE: Antonio Sandoval Rey


Grazas ao convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia, APIT-Galicia pon en marcha o novo Instituto para a Profesionalización do Guía de Turismo (IPGT). O primeiro curso que ofrecemos este ano trata sobre o desenvolvemento de visitas de temática ornitolóxica, cos seguintes contidos:

CONTIDO TEÓRICO: Introdución ao turismo ornitolóxico. Luns 7 de marzo, 17:30-19:30 h, sesión telemática por ZOOM

  • Historia
  • Coñecendo o cliente: o “birder” ou “paxareiro”. Equipo técnico. Publicacións impresas e dixitais.
  • Iniciativas en España.
  • Perfil do turista ornitolóxico en España.
  • A conservación das aves e os seus hábitats. O seu coñecemento e valoración positiva.
  • Obxectivos principais do turismo ornitolóxico.
  • Observar aves en Galicia: ideas por estacións do ano.
  • Iniciativas de promocións en Galicia.

CONTIDO PRÁCTICO: Visita a dous espazos de interese para o turismo ornitolóxico na Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Martes 8 de marzo, 10:00-17:00 h, actividade presencial (esta xornada pode verse adiada en función das condicións meteorolóxicas).

  • 09:00 h.- Saída dun autobús desde Santiago de Compostela (transporte subvencionado para membros de APIT-Galicia).
  • 10:00 h.- Comenzo da visita na Ría do Burgo: aves acuáticas e estuarias.
  • 11:30 h. (aprox.).- Traslado ao faro de Mera con visita á contorna natural (aves mariñas e mato) e visita (por confirmar) da Aula do Mar e Centro de Recepción de Visitantes do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes.
  • 14:00 h.- Fin das visitas e xantar libre.
  • 16:00 h.- Visita guiada á exposición UNTOLD STORIES de Peter Lindbergh no porto da Coruña.
  • 17:00 h.- Saída do bus cara Santiago de Compostela.

O DOCENTE: Antonio Sandoval Rey

Antonio Sandoval Rey é escritor, ornitólogo e colaborador en medios como “La Voz de Galicia”, “El Ágora diario del agua”, ou as revistas “Luzes” e “Salvaje”, entre outros. É autor de libros como De pajareo. Rutas ornitológicas por España (Geoplaneta, 2022), ¿Para qué sirven las aves? (Ed. Tundra, 4 edicións dende 2012), A Torre (Ed. Kalandraka, 2018), Las aves marinas de Estaca de Bares (Ed. Tundra, 2014), Birdflyway, un viaje en familia por la “ruta de las aves” (Ed. Lynx, 2016), e coautor de Cuándo ver aves en Galicia (Ed. Tundra, 2014) e de A árbore da escola (Ed. Kalandraka, 2014). A súa páxina web é antoniosandovalrey.weebly.com

INSCRICIÓN

O curso é gratuito e ten prazas limitadas. Está aberto só a guías de turismo de Galicia. Solicitar inscrición por correo electrónico antes das 16:00 h do sábado 5 de marzo a info@guiasdegalicia.org indicando:

  • Nome e apelidos.
  • Número de habilitación de Guía de Turismo de Galicia.
  • Solicitude (se cómpre) de reserva de praza no autobús de traslado Santiago-Coruña-Santiago.

Inscripción

Desde a ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE GUÍAS DE TURISMO DE GALICIA, como Responsable de Tratamento, e en cumprimento da Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, informamos que os datos aos que a asociación teña acceso como consecuencia da súa participación nesta acción formativa, serán tratados para uso interno e non serán cedidos a terceiros.

Os seus datos serán conservados mentres sexan necesarios para a xestión da acción formativa ou ata que vostede exercite os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade recollidos na LOPD, para o que pode dirixir por escrito a súa solicitude ao enderezo postal Dársena de Xoán XXIII, s/n 15704 Santiago de Compostela (A Coruña) o ao correo electrónico info@guiasdegalicia.org

Lembrámoslle que os webinarios poderán ser grabados

Accedendo aos webinarios dá o seu consentimento para a grabación e para que os seus datos persoais sexan incorporados a unha base de datos para realizar as xestións relativas á acción formativa na que participou.