Protocolos de actuación e manuais de boas prácticas para a prevención de riscos laborais entre os guías de turismo ante a COVID19. Convocatoria 2 de 4 obradoiros indénticos

Sábado 13 de xuño, 12:00-14:00.

Impartido por Tommi Alvarellos

Segundo dos 4 obradorios idénticos para a información e formación do colectivo nas medidas específicas que nos afectarán no desenvolvemento da nosa profesión, e análise e implementación de medidas para minimizar os riscos laborais fronte á COVID-19

Este seminario será o paso previo para a certificación oficial da formación en protocolos de hixiene no traballo e que emitirá o Centro Superior de Hostalaría de Galicia ( CSHG). Unha vez realizada a matrícula, e ter asistido a un dos 4 seminarios de formación, os teus datos serán enviados ao CSHG e recibirás un test para cumprimentar. Superado o 80% das preguntas serás APTO e recibirás a certificación. O exame se xerará de forma aleatoria e poderás cubrilo todas as veces que sexa necesario ata acadar un mínimo do 80% de respostas correctas.